Presentación en Pontevedra do catálogo da mostra «Cuestión de tempo»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Rafa Estevez

24 ene 2023 . Actualizado a las 17:55 h.

Este martes, a presidenta da Deputación de Pontevedra fixo entrega ao artista Román Corbato do catálogo da exposición Cuestión de tempo. «É unha marabilla, como foi a mostra, unha sorpresa en si mesmo, comezando pola portada e a contraportada que obrigan a entrar e descubrir a marabillosa obra de Corbato e todo o que está aportando á arte e á cultura», destacou Carmela Silva.

Rafa Estevez

Pola súa banda, Román Corbato destacou que a obra, deseñada por Miguel Lomba, «busca incitar a que se abra» e está estruturado en tres partes xogando «coa propia idea de construción das pezas da mostra». O prologo corre a cargo de Ignacio Barcia, docente e exdecano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, cualificado «como outra obra máis da exposición».