Arte para concienciar en Pontevedra contra a violencia de xénero

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CEDIDA

ArteNON exponse no edificio xudicial de A Parda

22 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a despregar en Pontevedra a exposición ArteNON, «coa que se pretende seguir concienciando a toda a sociedade contra a violencia de xénero e a imprescindible desaparición desta lacra». Esta mostra permaneceu aberta á cidadanía no complexo da Xunta e trasladouse ao edificio xudicial da Parda, onde estará exposta ata finais de xaneiro no marco do seu percorrido itinerante polas sete cidades galegas.

A exposición ArteNON recolle a visión artística de doce ilustradoras galegas contra a violencia machista a través de tótems cun gran atractivo visual. As participantes, algunhas delas da provincia de Pontevedra, son Andrea López, Candela Piñeiro, Alicia Suárez, Julia Gema, Eva Carballeira, Aurora Cascudo, Paula Cheshire, Paula Mayor, Abi Castillo, Idoia de Luxán, Lara Torres e Laura Tova.

«Dende a Xunta traballamos sen desmaio, a través de accións transversais e todos os días do ano, máis alá da data simbólica do 25N, para que a violencia de xénero desapareza de inmediato e se poida acadar canto antes a igualdade real e efectiva», remarcou Luis López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra.