Un impulso aos proxectos audiovisuais galegos

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Imaxe da xornada Conecta, celebrada  na Deputación de Pontevedra
Imaxe da xornada Conecta, celebrada na Deputación de Pontevedra Ramón Leiro

A Deputación de Pontevedra clausurou onte Conecta +

22 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Cun coloquio no que interviron Silvia Lobo e Manuel Monzón centrado no papel dos creadores no proceso de financiación dun proxecto audiovisual rematou este sábado a sétima edición de Conecta +. Esta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra conxuntamente coa Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) impulsan o encontro de creadores audiovisuais con proxectos en desenvolvemento terán con profesionais de preto dunha quincena de produtoras galegas e do conxunto do Estado. «Desta maneira, promóvese a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución», destacaron dende a institución provincial.

Nesta xornada, ademais, escolleuse o proxecto que participará no Laboratorio Cultural Conecta Lab que inclúe residencias na Illa de San Simón ao longo do mes de abril.