O Teatro Principal de Pontevedra acolle o Festival de Nadal

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

Os concellos de Barro ou Bueu programan este sábado actividades de Nadal

07 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

As celebracións de Nadal continúan este sábado en moitos concellos da contorna de Pontevedra. Así, no caso da propia cidade do Lérez, esta noite (21 horas) e ata completar o aforo, o Teatro Principal acolle o Festival de Nadal organizado polo Seminario Permanente de Jazz.

De igual xeito, a programación do Nadal nos Centros Culturais desprazase ata os de Centro Leste (17 h.) e Campañó (19 h.).

No caso de Barro, programouse unha sesión de cine familiar (19 h.) no Pazo da Crega coa proxección de A lenda de Klaus, mentres que en Bueu, dobre cita co Torneo de Pin-Pon (11 h.) na carpa das Lagoas e co Festival En Canto (19.30 h.) na igrexa de Beluso.