Un podcast porá voz á contribución feminina galega ao desenvolvemento da humanidade

PONTEVEDRA

Rafa Estevez

22 ene 2023 . Actualizado a las 16:16 h.

Co obxectivo de «encher a parte silenciada da historia rescatando episodios fundamentais protagonizados por doce mulleres galegas extraordinarias» naceu Aquí faltan páxinas. Trátase dun podcast impulsado pola Deputación de Pontevedra e O Cable Inglés para «poñer en valor a contribución feminina ao desenvolvemento da humanidade».

Deste xeito, ao longo do 2023, publicarase unha colección de relatos sonoros a un ritmo de un por mes que se complementarán con unha ducia de faladoiros en nove concellos da provincia que tiveron relación con estas mulleres. Os podcasts colgaranse no propio site de Aquí faltan páxinas da web da Deputación e con ligazón a Spotify e estarán narrados por Marián Fernández, así como se publicara unha ruta virtual que amosará os puntos máis importantes da biografía da protagonista de cada sesión.

«As aportacións das grandes mulleres non as pode borrar ninguén e iso que empeño puxeron», remarcou Carmela Silva recordando que as primeiras protagonistas son María Soliña, coa que arrancará o proxecto, Elisa Patiño, Olimpia Valencia, Maruja Mallo, Concepción Arenal, Antonina Sanjurjo, María Vinyals, Ernestina Otero, Ángeles Alvariño, Isabel Barreto, Carolina Otero e Sofía Novoa.

Dende xaneiro • A periodicidade é un podcast por mes • Con enlace a Spotify e no site da iniciativa •