Kiko da Silva aborda a súa obra na Real Academia Galega de Belas Artes

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

O ilustrador pontevedrés participa no ciclo «Artistas galegos. A autora e a súa obra»

25 nov 2022 . Actualizado a las 10:53 h.

O vindeiro martes, a partires das 20 horas, o historietista, ilustrador e editor Kiko da Silva abordará o conxunto da súa obra nun relatorio que terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes, con sede en A Coruña. Deste xeito, o pontevedrés participará como convidado no ciclo Artistas galegos. A autora e a súa obra enmarcado nos Martes das artes.

Nesta ocasión estará acompañado por un dos grandes nomes da banda deseñada galega, Miguelanxo Prado.