Clausura en Pontevedra das Xornadas contra a Impunidade

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

13 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha mesa de debate sobre A represión das identidades nacionais foi este sábado o evento principal da xornada de clausura das Xornadas de Memoria Histórica que impulsou a Deputación de Pontevedra. A cita reuniu a Aitor Esteban (PNV) e Joan Tardá (ERC), deputados no Parlamento estatal, e a Olalla Rodil (BNG), deputada no Parlamento galego.

Pola súa banda, o profesor e presidente de honra da Mesa pola Normalización Carlos Callón falou sobre O trauma franquista e a memoria da lingua incidindo no feito de que o franquismo aplicou co galego unha política que levaba a aplicarse séculos na Galiza, dende a coerción incluso militar.