A lente de Cabada retrata dende o Museo de Pontevedra medio século de pintura e escultura

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

12 nov 2022 . Actualizado a las 21:03 h.

Dende onte e ata o 15 de xaneiro, o Museo de Pontevedra expón Sombras atlántica. Retratos da arte galega, mostra na que o fotógrafo Anxo Cabada fixa o seu obxectivo nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A exposición compila retratos en branco e negro de 34 artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios como común denominador de nacer o ter a residencia en Galicia.

Ramón Leiro

Todas as imaxes foron tomadas co mesmo pano de fondo a modo de escenario teatral cun dobre obxectivo. Por unha banda, homenaxear ao pioneiros da fotografía e, por outra, dar coherencia ao conxunto. Así, pola mostra desfilan nomes como os de Silverio Rivas, Jorge Castillo ou Acisclo Manzano, pero tamén os de Menchu Lamas, Antón Lamazares, Antón Patiño, Ánxel Huete, Xosé Freixanes, Ignacio Basallo, Francisco Leiro, Soledad Penalta, Almudena Fernández Fariña ou Mónica Alonso.