A Pedreira e o «Segmento cantábrico», en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ÓSCAR GÓRRIZ

A cantante actuará en As Matinés do Principal

29 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Nova sesión do ciclo musical As Matinés no Teatro Principal de Pontevedra (12.30 horas), «un horario accesible para un público cada vez máis numeroso, que reclama unha oferta de ocio diúrna con personalidade e de calidade», destacaron dende o Concello.

No caso do concerto deste sábado, incidiron no feito de que «a artista galega, Ugía Pedreira, coñecida como A Pedreira, traerá o seu primeiro traballo con firma propia, Segmento Cantábrico, no que combina instrumentos máis orgánicos do folk coa música electrónica vintage, e no que integra Spoken word, poesía e canción». A Pedreira estará acompañada por Xavier Belho e Pierre Rougier.