A Lei de Memoria Democrática, un avance, mais «de limitado alcance»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Rafa Estevez

29 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

As xuristas que este venres participaron en Galiza ten memoria, xornada organizada polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, teñen claro que a nova Lei de Memoria Democrática é un avance con respecto á lexislación anterior. Sen embargo, consideran que aínda non garante, «en ningún caso», o dereito á tutela xudicial efectiva das vítimas do franquismo. Deste xeito, durante as sesión escoitáronse cualificativos e expresións como «simbólica», «edulcorada», «de limitado alcance» ou que queda «fóra dos estándares internacionais».

Rafa Estevez

Na xornada participaron os avogados Jacinto Lara Bonilla e Paloma García Varela, da equipa xurídica de CeaQUA, a tamén letrada María Del Pilar Moledo, en nome do Colexio de Avogacía de Pontevedra, e o querelante Miguel Ángel Gómez, Gus, xunto a colectivos da provincia e familiares de figuras representativas para a memoria na Galicia, entre outras, a de Moncho Reboiras.

A deputada María Ortega explicou que esta iniciativa organizouse ante a recente aprobación da nova lei co obxectivo de que «as vítimas e as súas familias coñezan as posibilidades legais que existen para obter a reparación xudicial que lle garante a legalidade internacional da man de persoas expertas na materia». Neste eido, instou a seguir avanzando na loita contra a impunidade a pesares dos obstáculos, lembrando que «ás vítimas dos primeiros anos só, desgraciadamente, poderán obter reparación a través das súas descendencias».

Entre outras cuestións, expúxose que a Lei de Amnistía é todo un obstáculo para as demandas.