Carmen Salinero, pregoeira dunhas festas que recuperan en Pontevedra a ofrenda floral

La Voz

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

13 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa lectura do pregón a cargo de Carmen Salinero dende a balconada do Pazo de Mugartegui comezarán hoxe unhas Festas da Peregrina nas que este sábado recuperarase a ofrenda floral e o traslado da carroza procesional desde la Praza de España ata o Santuario da Virxe Peregrina. Previamente, as agrupacións Turoqva, Os de Algures, Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme protagonizarán un pasarrúas entre Cesar Boente e Peregrina.

De igual xeito, tras os actos relixiosos no Santuario, programouse un pasacalles coas charangas Mil9 e OT, mentres que distintas agrupacións folclóricas —Os de Algures, Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme— actuarán nas praza do casco histórico de Pontevedra.

Pola tarde, e xa a partires das 18 horas, pasacalles coa charanga Mil9 e, unha hora máis tarde, actuación do grupo Veira do Río polo casco urbano.