Óscar Ibáñez recala na Lama no seu único concerto estival en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide A LAMA / LA VOZ

PONTEVEDRA

SABELINHA|Silvia Meno Fotografia

Oscar Ibáñez & Tribo está a representar o seu espectáculo Da Terra

04 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Recen chegado do Festival Folk Celta de Ponte da Barça, en Portugal, o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñez actuará esta noite na Festa das Ermitas, no Concello da Lama, dentro dos concertos do Xacobeo e no que será a súa única actuación na provincia de Pontevedra este verán. Oscar Ibáñez & Tribo está a representar o seu espectáculo Da Terra, no que repasa os temas máis destacados dos seus traballos discográficos Alén do mar Aires de Pontevedra, e no que presenta algúns temas do seu novo traballo que gravará en inverno.

Ibáñez destaca que a súa Tribo está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria, que formaron parte das bandas dos artistas e grupos máis destacados da música folk galega, como Fernando Fraga, ao acordeón; Harry.c, co violín; Manuel Cebrián, á guitarra; Paco Dicenta, ao baixo; Carlos Castro, na batería e percusión; e Carla Villanueva, no xilófono; así como cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.