Proxección de «Welcome to ma maison» en Raxó

PONTEVEDRA

CEDIDA

18 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, desenvolverá a súa cuarta sesión coa proxección en Poio, Cambados, Ponteareas, Forcarei e Redondela de Welcome to ma maison. Esta obra foi finalista nas categorías a mellor documental e mellor montaxe nos XX premios Mestre Mateo.

No caso de Poio, a proxección será esta tarde, a partires das 20 horas no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó. Este filme encádrase no xénero do «falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100 % real». É unha produción de Suso López, Andrés Goteira, Laura Doval, Adrián Folgueira e Alberto Díaz en colaboración con Gaitafilmes e Mordisco Films.