«Memoria de elefanta», un plan para achegar a memoria histórica á mocidade de Pontevedra

Serxio Barral Álvarez
Serxio Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O concelleiro Xaquín Moreda presentóu a iniciativa «Memoria de elefanta»
O concelleiro Xaquín Moreda presentóu a iniciativa «Memoria de elefanta» S.B.

O estreo da iniciativa chegará no festival Surfin the Lérez

11 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda (BNG) presentou o proxecto Memoria de elefanta que busca achegar aos públicos de mozos e mozas de Pontevedra «o que aconteceu no pasado». E dicir, facer partícipe a mocidade da memoria histórica que o Concello ven reivindicando dende ai tempo. Para iso vanse empregar canles que lles son propias pola idade como as redes sociais, ou achegarase ao mundo do ensino, do cine… «En definitiva, elevar a memoria histórica a espazos nos que non se viña traballando», subliñou Moreda.

O nome, Memoria de elefanta, e un xogo «de quen non esquece nada e que ten a capacidade de lembrar o camiño percorrido», e se feminiza a expresión para incidir na recuperación da Memoria das mulleres».

O programa comeza a vindeira fin de semana no Surfing the Lérez co Compás da elefanta, un obradoiro de rap. Será o día 24 de xuño sobre as 19.45 horas. Tamén no Surfing haberá un posto de información e merchandising.

Ademais está prevista a elaboración de contidos para Instagram e Tik-Tok; a creación dunha unidade didáctica para alumnos de ESO e Bacharelato; dous podcast baixo demanda no que participarán os alumnos de secundaria e bacharelato dos institutos de Pontevedra. Memoria de elefanta tamén se achegará ao mundo audiovisual: ao cine para compilar nun catálogo obras de memoria histórica; e habilitará unha canle de Youtube con vídeos curtos para explicar a memoria.

Outra iniciativa serán os Roteiros da elefanta cun contido xuvenil e linguaxe máis atractiva para xente moza.