Lores exerce de avó lector no CEIP de Marcón

La Voz

PONTEVEDRA

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lendo un conto nun aula do colexio de Marcón
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lendo un conto nun aula do colexio de Marcón CONCELLO DE PONTEVEDRA

O alcalde de Pontevedra participou nun programa de bibliotecas escolares que convida a país e avós a lerlle aos rapaces

24 may 2022 . Actualizado a las 20:33 h.

«Había unha vez un neno» foi o conto que elixiu o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para ler aos alumnos dunha clase de infantil do CEIP de Marcón. O acto enmarcase nun programa de bibliotecas escolares que convida a país e avós a lerlle un conto ás crianzas. «Foi unha experiencia marabillosa. Até lle puxemos nome aos protagonistas!», valorou o alcalde ao remate.