A apertura da caseta de servizo de racións do codillo farase ás 13.30 horas e permanecerá aberta ata esgotar existencias, aínda que só se servirá ata as 15 horas.
Unha das novidades desta edición está relacionada co prezo. O Concello considera que, despois do parón da pandemia, a de este ano é unha edición moi especial, polo que optou por aplicar unha rebaixa no prezo habitual dos tickets que, «pese ao aumento do IPC e do custe da vida, pasarán dos 12 euros da última ocasión a tan só 10 coa intención de facer a festa o máis popular posible e para favorecer que o maior número de veciños e visitantes se acheguen ata a Alameda», engadiu Carrera.