Un tributo dende Pontevedra ao poeta de Valdeorras

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

A comarca volcarase este 17 maio na conmemoración do Días das Letras Galegas, adicado a Florencio Delgado

16 may 2022 . Actualizado a las 10:23 h.

Conferencias, teatro, exposicións, contacontos, concertos... O vindeiro martes, 17 de maio, o concellos da comarca de Pontevedra conmemorarán por todo o alto o Día das Letras Galegas, que esta edición homenaxea ao poeta de Valdeorras, a Florencio Delgado Gurriarán. As celebracións terán un toque, cecais, máis especial en Poio, onde se conmemoran o trinta aniversario do nacemento do Certame Literario Xaime Illa Couto, que para esta convocatoria presentáronse más de 170 textos.

Neste concello as celebracións comezaron o venres, sendo a primeira das paradas do contacontos musicado a cargo de Polo Correo do Vento que ten como protagonista a Florencio Delgado Gurriarán, De Valdeorras a México. Terra a nosa. Trátase dunha iniciativa da Deputación que recorrerá 35 concellos ata finais de xullo —A Lama, 24 de maio; Ponte Caldelas, 25; Cerdedo-Cotobade, 26; Campo Lameiro, 5 de xuño; Caldas, 1 de xullo; Cuntis, 2; Sanxenxo, 7 de xullo; Portas, 12; e Moraña, o 21—.

Sen saír de Poio, o mesmo 17 de maio entregaranse os premios do certame literario nunha gala na que intervirá Neves Sara Vila Alonso, gañadora do Premio Illa Nova Narrativa en 2021, mentres que o xoves, Miguel A. Seixas, da Fundación Castelao, impartirá a conferencia Castelao, o Plan S e as carquexas amarelas. Por último, o venres, a compañía teatral Avelaíña representará a obra A liorta.

En paralelo, o Ateneo Corredoira de Combarro desenvolve hoxe o contacontos O traxe novo do Rei, a cargo de Tarabelos, e, xa pola noitiña, o concerto do grupo Entre Foles, así como o martes está prevista unha exposición centrada nos Autores das Letras Galegas (1963-2022), a publicación da revista O Baralle e animación nas rúas.

Pola súa banda, en Pontevedra, entre as distintas actividades programadas, un concerto único dentro do ciclo municipal Híbridas en Santa Clara. Nesta cita volverá a soar dentro da antiga igrexa coa colaboración da Orquestra Clásica de Vigo. «Unha cita única, que porá en valor o instrumento gardado en depósito, e que permitirá escoitalo dun xeito público a toda a veciñanza», destacaron dende o concello.

CAPOTILLO

Previamente, a praza de Curros Enríquez acollerá a Gala das Letras en Pontevedra, mentres que o mércores o programa Bótalle un conto! achegarase ata o centro cultural de Santa María de Xeve. E na Casa das Campás estrearase a webserie Pringadas, de Belén Puíme.

En Marín, a poesía centrará os actos desta xornada coa entrega do premio do concello no Museo Manuel Torres para, posteriormente, desenvolverse un concerto do grupo P¡cuíña na Alameda. De xeito paralelo, a Biblioteca Pública Vidal Pazos acollerá contacontos e unha exposición dos carteis elaborados pola Xunta de Galicia sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Tamén Bueu organiza unha serie de actos espallados por todo o concello ao longo dos vindeiros días. No caso do martes, celebrarase a 21 Romaría das Letras, promovida pola Asociación Cultural de Sanamedio e que encherá o adro de Sanamedio de toda clase de iniciativas reivindicativas e de lecer dende ás 12 horas.

En Caldas, tanto o luns como o martes, haberá pasarrúas polos grupos As Espiñas e Fanfarria Furruxa, mentres que en Sanxenxo está programada a entrega de premios do concurso Picariños do CCD Sanxenxo na praza Pascual Veiga e o Festival das Letras Galegas no CEIP de Portonovo.