A Coral Polifónica de Campo Lameiro celebra as súas vodas de prata

PONTEVEDRA

CEDIDA

14 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa posta en escea do musical das Letras Galegas Cousas de antes, a Coral Polifónica de Campo Lameiro conmemora esta tarde (20.30 horas) no Centro Sociocultural Sobrino Buhígas o seu vinte e cinco aniversario. Neste espectáculo, no que colaboran o Concello e a Deputación de Pontevedra, está previsto que participen tamén o Grupo Cantalúa e a Banda de Gaitas Foula.

Cousas de antes forma parte da homenaxe que a coral ten coa musica tradicional galega da que se foi nutrindo ao longo dos seus 25 anos: «Se ben é certo que temos boa parte do noso repertorio en galego, esta será a primeira vez na que a Coral faga un verdadeiro achegamento á música folclórica galega».