Nova edición de Novos Valores no Museo de Pontevedra con catro bolsas por importe de 7.500 euros

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

cedida

A iniciativa busca «recoñecer e valorar publicamente méritos artísticos excepcionais e promover a formación de artistas noveis»

02 may 2022 . Actualizado a las 19:02 h.

O Museo de Pontevedra, vén de convocar unha nova edición do Certame de Artes Plásticas Novos Valores, iniciativa encamiñada «a recoñecer e valorar publicamente méritos artísticos excepcionais e promover a formación de artistas noveis». Os interesados poden consultar as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de onte, polo que disporán de cinco días hábiles contadas a partir deste martes para presentar as solicitudes.

Dende a Deputación de Pontevedra precisaron que «poderá participar neste certame calquera artista, natural ou residente en Galicia, con idades comprendidas entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude». Entre as obras seleccionadas adxudicaranse catro bolsas, cada unha por un importe de sete mil cincocentos (7.500,00) euros brutos, para que os beneficiario amplíen os seus estudos artísticos.

Novos Valores pretenden ser un recoñecemento e recompensa da Deputación a destacadas obras orixinais e inéditas.