Musicar versos de Florencio Delgado, proposta do Concello para o Día das Letras Galegas

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

14 abr 2022 . Actualizado a las 12:13 h.

A Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra vén de convocar o certame Música nas Letras, un concurso que busca incentivar o uso da Lingua galega na música creada e interpretada no concello, co gallo das Letras Galegas. Os participantes deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou versos do homenaxeado desta edición: Florencio Delgado Gurriarán.

As persoas interesadas deberán presentar a súa proposta no enderezo alingualatexa@gmail.com antes do 5 de maio, en formato de audio, xunto cós nomes da banda, os compoñentes e teléfono de contacto. Polo menos un dos integrantes ten que estar empadroado no Concello de Pontevedra.

Un xurado composto por profesionais do sector cultural elixirá os tres finalistas, que interpretarán a súa composición nun acto público organizado polo Concello o 17 de maio, no que terá lugar tamén a entrega de premios.