Obradoiros de maxia en torno á figura de Laxeiro no Museo de Pontevedra

L. Penide Pontevedra / LA VOZ

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

07 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Os vindeiros 12 e 13 de abril, o Museo de Pontevedra vai desenvolver sendos obradoiros de maxia para familias centrados na figura de Laxeiro. Con estas iniciativas, a institución completa a programación que está a desenvolver ao longo do mes de abril con motivo do Día das Artes Galegas, que inclúe tamén visitas guiadas polas obras do lalinense nos fondos propios, así como outras iniciativas de creatividade para a cativada.

No caso dos obradroiros da semana que ven, estará presente Laxeiro «dado que a súa pintura conecta directamente coa maxia, el era un gran fabulador, e ademais porque distintos autores o identifican esteticamente co Merlín de Álvaro Cunqueiro», destacaron dende o Museo. Deste xeito, durante as sesións que se desenvolverán en grupos para cada xornada, os participantes aprenderán «trucos sinxelos empregando obxectos do día a día, como cartas, moedas, bolígrafos, ou caixas de mistos».

Contarase coa participación do grupo Magia en la Manga, formado por catro ilusionistas profesionais galegos que, despois de anos de experiencia por separado, comezaron este proxecto.

Os interesados deben escoller unha das datas e inscribirse no correo electrónico reservas.museo@depo.gal.