«Fariña» recala no auditorio de Afundación de Pontevedra cunha dobre sesión

PONTEVEDRA

AINÉ

02 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Fariña, a obra de teatro baseada no libro de Nacho Carretero representarase hoxe no auditorio de Afundación de Pontevedra tras ano e medio de xira por España. A obra, que xa tivo onte as súas primeiras sesións na Boa Vila, vai xa camiño dos 60.000 espectadores desde a súa estrea.

Ao longo de hora e media, Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado e Graciela Carlos fan «un percorrido fiel por este escuro capítulo da nosa historia, desde un punto de vista único. A música, o humor, a tradición e o respecto aos feitos acontecidos mestúranse nesta viaxe no tempo que incita á reflexión do espectador ao saír do teatro», destacan dende Ainé.

Escrita por José L. Prieto sobre o texto de Nacho Carretero e dirixida por Tito Asorey conta coa escenografía de José Faro, Coti e o deseño de iluminación de Laura Iturralde. As entradas poden adquirirse a partir de 20 euros en Ataquilla.com para as sesións das 18 e 21 horas.