Entrega en Pontevedra dos Premios Otero Pedraio a Menchu Lamas e Rosario Álvarez

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

O acto estivo presidido por Carmela Silva e foi conducido pola escritora María Canosa

18 dic 2021 . Actualizado a las 18:46 h.

O salón de plenos da Deputación de Pontevedra acolleu este sábado a entrega dos Premios Otero Pedraio, que nesta edición recairon en Menchu Lamas, «a artista galega de maior proxección internacional», e a Rosario Álvarez, «a primeira muller en presidir o Consello da Cultura Galega», destacaron dende a Administración provincial.

O acto, que presidiu a presidenta Carmela Silva, foi conducido pola escritora María Canosa e participan no mesmo o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o vicerreitor da de Vigo, Jorge Soto; e representantes doutras deputacións galegas, da Xunta de e do tecido cultural galego. O piano de Alejo Amoedo e a zanfona de Lucía Comesaña amenizaron o evento.