Pola súa banda, hoxe presentarase o Hub Audiovisual da Industria Cultural como apoio para atraer rodaxes.
Entrega do Premio Nortear a Pedro Rodríguez Villar
Durante a sesión deste sábado, procedeuse á entrega do sétimo Premio Literario Nortear a Pedro Rodríguez Villar pola súa obra O amor das pedras. De igual xeito, presentouse unha nova edición do Premio María Victoria Moreno.
A Xunta avoga por unha programación descentralizada
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, abordou as liñas estratéxicas da programación cultural do 2022: «Porá o foco na revitalización do sector, con propostas diversificadas e descentralizadas para que a cultura chegue a todos os lugares».