A economía social chega ao Culturgal de Pontevedra da man da Xunta

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Reciente presentación de la edición del Culturgal que comienza este viernes
Reciente presentación de la edición del Culturgal que comienza este viernes LÓPEZ PENIDE

O stand da Consellería de Emprego amosa o traballo de once entidades, nove cooperativas e dúas sociedades laborais

25 nov 2021 . Actualizado a las 17:05 h.

Durante a celebración esta fin de semana do Culturgal en Pontevedra, a Xunta plasmará o seu apoio ao sector cultural da economía social. Deste xeito, o stand de economía social da Consellería de Emprego e Igualdade estará presente por sétimo ano consecutivo no evento e no que amosará os proxectos, produtos e servizos de once entidades, nove cooperativas e dúas sociedades laborais.

Durante a celebración da cita pontevedresa, as persoas que visiten o stand da Xunta de economía social atoparán, ademais das últimas novidades no catálogo das entidades, «unha programación multidisciplinar que visibiliza a versatilidade e dinamismo do sector. A arte, a literatura, a creación escénica, a música e a narración oral protagonizan un repertorio de propostas para todos os públicos que se desenvolverán ao longo da fin de semana».

De igual xeito, poderase participar de forma continuada de dúas actividades de dinamización. Por un lado, 7H Cooperativa Cultural promove unha exposición work-in-progress de pezas artísticas orixinais e inéditas, mentres que a editora Catro Ventos SCG premiará con exemplares de varios dos seus títulos a quen participe nunha xincana con pistas distribuídas por todo o recinto feiral.

Desde Emprego e Igualdade incidiron en que, nesta edición, participan no stand as seguintes entidades: DesdeDez, fundada en 1999 que centra a súa actividade na xestión cultural; 7H Cooperativa Cultural, especialistas en inclusión, feminismo e capacidades diferentes que centra a súa actividade na comunicación cultural e a educación artística; Afactoria Atelier, obradoiro artesán dedicado á decoración slow dando vida a vellos trastos; BenCurisosa (Almeiro SCG), profesionais da cultura aberta que aposta pola implicación cidadá e a finalidade social dos proxectos; Catro Ventos Editoras SCG, editorial en galego da economía social; Charlatana, que abarca distintas disciplinas como o circo, a música, o teatro infantil e xogos colaborativos, integrando valores como a igualdade, a cooperación, a reciclaxe e a cultura e lingua galega; Laboratorio Escénicos, espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das artes escénicas con formación en danza, teatro e música; Miudiño, que leva a cabo obradoiros variados e venda e alugar de xogos e xoguetes de madeira de alta calidade artesá; O cable inglés, que ofrece servizos de comunicación, produción e deseño; Urdime, centrada na xestión de proxectos culturais, con especial dedicación á infancia e á xuventude; e Xeneme Innovación Social, consultora galega de deseño, desenvolvemento de proxectos socioeducativos e culturais.