Traballos seleccionados do CíesTALENT de cómic

PONTEVEDRA

24 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vigo deu a coñecer os traballos seleccionados no certame CíesTALENT de Cómic, proxecto que premia sete cómics de novos autores de banda deseñada. Estas obras formarán parte dun cómic de 48 páxinas a toda cor, apadriñado artisticamente por unha historieta de Miguelanxo Prado elaborada especialmente para este libro e con de Kiko da Silva (coordinador do premio).

Entre os nomes propios seleccionados, os de Ángel Fernández Rojo, Pablo Prado, Alba Míguez González, Damián Gómez, Anxel Carramal Fernández, Alfonso Barreiro Carreño, Sergio Ocampo González e Lucía Rodríguez Cid. Todas as obras presentadas pivotaron en torno ao respecto polo entorno natural das Illas Cíes.