O Telescopio da Cultura recolle a actividade no Pazo, no Principal e no recinto feiral

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

«O charco de Ulises» reúne a un elenco artístico de dez actores e terá música en directo
«O charco de Ulises» reúne a un elenco artístico de dez actores e terá música en directo Sandra Alonso

O mércores saen á venda as entradas para o ciclo Ponteatro, que presenta catro espectáculos

05 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Pontevedra conta xa co Telescopio Cultural, referente a partires de agora para estar ao tanto da actividade cultural que teña lugar no Pazo da Cultura, Teatro Principal e recinto feiral. Nunha mesma páxina web -cultura.pontevedra.gal- unificará a información que antes aparecía na extinta web do Pazo da Cultura, o apartado de Axenda Cultural da web do Concello e páxina principal deste. O Telescopio conta tamén cun formato revista semestral.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces (BNG), explicou que «as obras do Principal serán finalmente compatibles coa programación de novembro e decembro, polo que a programación prevista para este espazo poderán celebrarse aquí con normalidade. As Matinés permanecerán no Auditorio do Pazo porque xa se puxeran á venda e non é posible mudalas».

Teatro no Principal e o Pazo

En canto á programación en si, unha escolma do mellor teatro en galego chegará ao Principal en outubro e novembro dentro do ciclo Ponteatro. Serán catro espectáculos que manterán os prezos habituais (8 euros a entrada, con descontos de catro euros para estudantes, desempregados e xubilados), e recupera o formato abono a un custo de 28 euros. Estarán á venda a partir deste mércores.