O programa de Xuventude «Xeración Sónica» achégase aos centros de secundaria

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Alberto Oubiña e Gonzalo Maceira presentaron a cuarta edición da Xeración Sónica
Alberto Oubiña e Gonzalo Maceira presentaron a cuarta edición da Xeración Sónica CONCELLO DE PONTEVEDRA

A inscrición nesta cuarta edición ábrese hoxe a web do Concello de Pontevedra

15 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A cuarta edición de nXeración Sónica, un programa da concellería de Xuventude coa musica e a creatividade artística como base, abrirá hoxe o prazo de inscrición a través da web do Concello de Pontevedra. Trátase, explicou o concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña (BNG), «dunha aposta polo desenvolvemento e a creatividade local, e polo crecemento cultural, dando boa mostra da innovación na adquisición de ferramentas de aprendizaxe para o futuro da sociedade» . Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos.

Despois da pandemia e as súas restriccións, este ano o programa quere continuar, e quere establecer relacións interpersoais cos centros educativos, na procura de novas propostas artísticas e audiovisuais. «Queremos que a mocidade dispoña dunha potentísima ferramenta de difusión cultural a través da música, aproveitando o Local para medrar e para formar os músicos do futuro. Ademais, Xeración Sónica ten ese potencial multiplicador, que lle dan os seus docentes e, por suposto, a mocidade do Concello, que está híper preparadao», insistiu Oubiña.

Pola súa banda, o director do programa, Gonzalo Maceira, apuntou que nesa edición Xeración Sónica acudirá aos centros públicos da cidade e mesmo entrará na Universidade de Vigo, coa que se farán plans audiovisuais ou campañas de comunicación da man dos membros do programa.