A Ferrería transfórmase no epicentro galaico do jazz

PONTEVEDRA

CEDIDA

Pontevedra programa ao longo da semana cinco concertos nas Noitadas de Jazz

21 jul 2021 . Actualizado a las 09:18 h.

A partir de este luns e ao longo de toda a semana, o jazz toma o relevo ao ciclo Con voz de muller que rematou onte co concerto de Uxía. Deste xeito, ata o vindeiro 23 de xullo, A Ferrería transformarase nunha sorte de epicentro galaico deste xénero musical coas Noitadas de Jazz (22 horas).

Trátase dun ciclo de concertos que comezarán todos eles as 22 horas, pero que terán un prolegómeno este mesmo sábado cunha sorte de pasarúas polo centro da cidade de Pontevedra a cargo de Chivinjazz (12 e 20 horas). Esta mesma noite, Terela Grandín será a encargada de levantar o telón cunha actuación na que interpreta temas do compositor brasileiro Dori Caymmi, de feito que a crítica especializada non dubido en sinalar que se trata dunha «oportunidade irrepetible de descubrir a música deste grandísimo compositor por medio dunha das mellores voces de jazz do noso país».

Xa o martes, tocaralle a quenda a Xan Campos Trío, que chega a Pontevedra cos temas do seu traballo discográfico Realismo. A través das oito pistas que o compoñen, o disco evoca el concepto de realidade enfrontado a un mundo virtual, ao tempo que invita a gozar con mundo físico, a voltar a interactuar coas persoas e non coas pantallas de móbiles e tablets.

O 21 de xullo está programada a actuación de Chemin Jazz Quartet, mentres que o xoves será a quenda de Current Location e pechará as Noitadas de Jazz a banda Circus o venres.