Última parada dos obradoiros de O Museo en Camiño

PONTEVEDRA

19 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo en Camiño, iniciativa creada para dar a coñecer as principais obras do Museo de Pontevedra e difundir o espírito xacobeo polos concellos do Camiño Portugués, ten en Caldas hoxe a súa derradeira parada. Deste xeito, entre as 11 e as 12.30 horas, o Auditorio Municipal acollera o obradoiro plástico e creativo para nenos de 6 a 12 anos. A reserva de praza debe formalizarse no correo electrónico contacto@tallerabierto.info ata completar aforo.

Esta iniciativa desenvólvese no marco de O Teu Xacobeo da Xunta, de tal xeito que o museo portátil rematará a súa viaxe e en setembro farase unha exposición no Museo que explicará ao gran público o desenvolvemento do programa didáctico.