A Escola de Letras de Pontevedra retoma a actividade presencial

PONTEVEDRA

07 jun 2021 . Actualizado a las 09:08 h.

A paulatina mellora da situación sanitaria derivada do coronavirus permitiu que a Escola de Letras, iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, retomase este mércores pasado a súa actividade presencial. O feito é que os primeiros obradoiros deste ano, a cargo de Inma López Silva, tiveron que desenvolverse de xeito telemático, mentres que o curso de poesía que imparte Antonio

García Teijeiro, que ten as súas quince prazas cubertas, continuará este 9 de xuño de xeito presencial no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra. Despois deste obradoiro, as actividades da Escola continuarán xa no mes de setembro, co que ofrecerá Anna R. Figueiredo baixo o título de Escribir unha novela.