Xela Arias, protagonista dun espectáculo multidisciplinar en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Rafa Estevez

03 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A praza da Ferrería acollerá a partir das 20.30 horas un espectáculos multidisciplinar en torno á figura da escritora, poeta, tradutora e profesora de galego Xela Arias, á quen a Real Academia Galega adicoulle este ano o Día das Letras Galegas. X Xela, evento impulsado pola Deputación de Pontevedra, tívose que cancelar o pasado 14 de maio e agora retómase mesturando diversos formatos artísticos: música, poesía, fotografía e audiovisuais).

«Será un show dinámico, atractivo e 100 % feminino para homenaxear a unha poeta tan singular», destacou a deputada María Ortega. A asistencia é gratuíta e aínda pódense reservar prazas, xa que o cambio de ubicación permitiu un aumento do aforo, a través dun formulario en www.depo.gal.

A parte musical correrá a cargo da Banda da Loba, unha formación galega que está a revolucionar a escena galega coa mestura de música e literatura. De feito, «musicará poemas de Xela Arias dende formatos máis tenros ata o punk rock, pasando polo country ou o bolero». A parte de fotografía tómase das imaxes tomadas por Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria. Mentres que a parte poética, comisariada por Tamara Andrés, recaerá en catro poetas: Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa, e Nuria Vil e Vanessa Glemsel, impulsoras do proxecto Dúas gamberras e un micro.