Alumnos do CEIP O Carballal cantan ao son da obra literaria de Xela Arias

La Voz MARÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ceip O Carballal

Os profesores e os nenos do colexio marinense levan seis anos facendo un videoclip polo Día das Letras Galegas

12 may 2021 . Actualizado a las 15:53 h.

Alumnos de cuarto e sexto curso do CEIP O Carballal de Marín gravaron o videoclip Canto sei!, unha homenaxe á figura e obra de Xela Arias con motivo do Día das Letras Galegas. A madriña da biblioteca do centro educativo, Fina Casalderrey, fixo a suxerencia dunha selección da obra da autora que centrará o día 17 a xornada grande do literatura en galego. Con música orixinal e a entusiasta participación dos nenos, tomouse como base para a obra audiovisual un poema de Darío a diario, con unha dramatización inspirada no libro Non te amola, que ven de ser publicado hai pouco. Ademais, o profesor Víctor Alfonso, explicou que se innovou nesta ocasión coa realización dunha coreografía e destacou que os nenos tamén aportaron as ilustracións que, xunto coas fotos, dan máis contido á homenaxe.

A comunidade escolar do CEIP O Carballal ten xa experiencia na realización deste tipo de videoclips, que levan seis anos preparando polas Letras Galegas. Nesta ocasión, a mestra titora de sexto, María Jesús Aldao deseñou a dramatización e Víctor Alfonso puxo a música.