O BNG leva a Borela a súa crítica ao «bum eólico agresivo para o territorio»

La Voz CERDEDO-COTOBADE / LA VOZ

PONTEVEDRA

Os nacionalistas levaron a súa protesta contra os parques eólicos descontrolados a Bordela, en Cerdedo-Cotobade
Os nacionalistas levaron a súa protesta contra os parques eólicos descontrolados a Bordela, en Cerdedo-Cotobade BNG

Luís Bará achegousoe ao monte para denunciar un proxecto que «vai ter graves impactos sociais, ambientais e urbanístico»

25 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O parlamentario do BNG Luís Bará, acompañado por outros cargos e militantes da formación nacionalista, achegouse onte ata Borela, en Cerdedo-Cotobade, onde está prevista a instalación dun parque eólico que na súa opinión «vai ter graves impactos sociais, ambientais e urbanísticos». O BNG defende «un plan eólico público, xusto, sustentábel, que xere beneficios e emprego no territorio, e que serva para que Galiza teña unha tarifa eléctrica propia máis barata, por sermos excedentarios na produción de enerxía eléctrica».

Bará denunciou o «bum eólico promovido pola Xunta e o goberno do Estado, que é moi agresivo para o territorio», e lembrou que «vulnera a normativa de protección do medio, non garante o dereito á información e á participación pública, incorre en fraude de Lei coa fragmentación de proxectos, e que supón o espolio da riqueza enerxética galega».

O nacionalista cre que «estase xerando unha grande burbulla eólica no sector debido á voracidade das empresas, que ven na renovábeis unha grande oportunidade de negocio, sen ter en conta os grandes impactos negativos no territorio e nas comunidades locais, onde se xeran moitos prexuízos».