Polbo, churros e porras, no mercadillo tradicional

PONTEVEDRA

CONCELLO DA LAMA

26 feb 2021 . Actualizado a las 19:39 h.

Despois do parón obrigado polas restricións sanitarias derivadas do coronavirus, a Alameda de A Lama volverá a acoller este domingo a tradicional feira, hoxe en día reconvertida nun auténtico centro comercial rural. En todo caso e para garantir o cumprimento das medidas sanitarias, o goberno local, en colaboración con Protección Civil, activará un dispositivo organizativo con separación de postos de venda ambulante, circuíto de entrada e saída e toda unha serie de medidas á disposición dos asistentes para garanti-la protección fronte á Covid-19.

Entre as novidades desta edición, xunto cos vendedores ambulantes de roupa, calzado, panadería, produtos da horta... está prevista a presenza dun polbeiro, que disporá dunha carpa para a degustación, así como un posto de venda de churros.

Domingo, 28 de febreiro • Dende as 9 horas • Alameda do Concello de A Lama •