Segunda xornada de plantación no río Gafos

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

VAIPOLORÍO

25 feb 2021 . Actualizado a las 18:45 h.

Financiada polo programa Voz Natura, este sábado, a asociación Vaipolorío organiza a segunda xornada de plantación na ribeira do río Tomeza ou Gafos. Neste sentido, dende o colectivo ambientalista destacaron que «o tramo do río Gafos (ENIL) ten algún punto que carece de vexetación de ribeira», polo que con esta aportación de exemplares de ameneiros, carballos, salgueiros…) «conseguirase mellorar o corredor ecolóxico e a riqueza botánica».

A saída realizarase este sábado ás dez de maña tendo en conta que son vinte e seis prazas limitadas. Os interesados en tomar parte nesta iniciativa deberán inscribirse no 676 842 942 antes dos venres.