Forza, enerxía, reivindicación e música no Día de Rosalía

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a celebración do Día de Rosalía
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a celebración do Día de Rosalía DIPUTACION DE PONTEVEDRA

25 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A forza e a enerxía de Rosalía de Castro envolveron o Pazo Provincial no acto institucional co que a Deputación conmemorou o 184 aniversario do nacemento da escritora. Un acto no que a pegada da galega máis universal estivo presente na súa obra poética, musicada pola cantante Uxía Senlle, e lida e debuxada por escolares da provincia, protagonistas da xornada e «herdeiros e herdeiras da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa Rosalía», como destacou a presidenta, Carmela Silva, que subliñou que «Rosalía é como Galicia. É nome de muller, epítome da muller galega adiantada ao seu tempo, loitadora, inconformista. Está máis presente que nunca porque o seu pensamento é un pensamento sempre vixente».

A xornada tivo continuación xa pola noite coa proxección da imaxe e do pensamento da autora nas fachadas da Deputación en Pontevedra e en Vigo e en varios concellos da provincia.