«Inventar todos estes mundos foi unha gozada»

PONTEVEDRA

Xiana Quintas

31 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

«A idea de facer un cómic xuntos xa a prantexáramos, creo que no 2018. Empezamos a falar deste proxecto, pero como cada un tiña os seus persoais e estábamos liados ata arriba, eu con O derradeiro libro de Emma Olsen e el con A miña outra vida, foise aprazando, pero sempre conservamos as gañas de colaborar», recorda Pablo Prado como foi a xénese desta obra.

-Como recibiches o premio? Foi unha sorpresa?

-Con moita ilusión, que aposte por ti unha editorial como Xerais é todo un luxo. Xa non é so pola visibilidade que da ou o premio en si, senón porque formas parte desta aposta que parece que está comezando a levar Xerais, pero tamén outras editoriais como Galaxia, pola banda deseñada de nova creación galega. Estar nos albores disto é todo un pracer.

-Que foi o máis complicado de trasladar o guión de Miguel Rojo a imaxes?

-O guión de Miguel é moi suxerinte, moi gráfico, moi plástico e a verdade é que o pasei pipa imaxinando as aventuras desta rapaza. Ademais de que meu moita liberdade á hora de plasmalo narrativamente e é algo que eu disfruto moito. A colaboración foi moi pracenteira e eu gocei case como o primeiro espectador das aventuras desta cativa. É case como xogar a un videoxogo porque é unha nena que vai pasando por diferentes mundos e a clave de cada un deles é totalmente diferente. Inventar todos estes mundos foi unha gozada. Ademais de que foi un cambio total do que viña facendo.

-Precisamente, esta obra distanciase das anteriores, que son máis adultas.

-Si, esta ten un público obxectivo infantil, de inicio de lectura, para enganchar a novos lectores, que é algo fundamental. É importantísimo empezar a crear banda deseñada infantil e que Galicia se estea apuntado a isto, é unha marabilla. Se non hai lectores infantís agora, non haberá lectores adultos logo. É una caldo de cultivo cara o futuro. Pero si o ton é completamente diferente porque a propia historia o pedía. Resultoume atractivo e gustoume cambiar o rexistro e probar novas cousas. De feito, O derradeiro libro de Emma Olsen a Os berros da motocicleta, pese a estar dirixidas a un público máis adulto, teñen claves diferentes, pero que é que tamén as ten O último festi, que saíu hai un mes con Fernando Llor.