Ponteatro terá tres pezas en febreiro, marzo e maio

La Voz

PONTEVEDRA

09 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Cultura Carme Fouces anunciou este venres a nova programación do ciclo Ponteatro, normalmente celebrado durante o segundo semestre, á primeira parte do ano. «É unha mostra do noso compromiso coa cultura e a achega de esforzos para reflotar o sector, con esta programación máis ambiciosa -explicou-: demos atopado uns ocos entre a ampla programación do Domingos do Principal que este ano aumentaron a 10, o Salón do Libro e outros progamas para insertar 3 pezas teatrais das ampla oferta que achega a Rede Galega de Teatro».

La prgramación arranca o o 25 de febreiro cunha estrea, Comando comadres de Matrioshka Teatro, escrita pola polifacética e recentemente recoñecida co premio María Victoria Moreno, Lorena Conde. Trátase dunha peza en clave de humor que convida á reflexionar sobre o patriarcado.

A seguinte cita vai ser o 11 de marzo, con temática feminista, acaído pola data, con Feminíssimas de De Ste Xeito Producións, de Esther F.Carrodeguas. Unha comedia negra chea de risas pero tamén de reflexión.

Rematará esta parte da programación o 20 de maio con O mozo da última fila de Redrum Teatro, unha adaptación feita polo tamén director, Alex Sampayo, do texto de Juan Mayorga, representado en todo o mundo e sempre de xeito exitoso.

Fouces apuntou que nestes momentos o aforo do Teatro Principal limítase a 98 persoas para cumprir coas normas marcadas pola pandemia. «Estaremos pendentes da evolución da pandemia e dos cambios que poidan xurdir pero a día de hoxe, as cousas están así», sinalou a concelleira.

A venda anticipada en Ataquilla.com xa está activa e, de non esgotarse, as entrada estarán a disposición o mesmo día da representación na billeteira de 19 a 20 horas, cadía día de representación. O prezo é de 8 euros por función, cun 50 % de desconto para poseedores de Carné Xove, desempregados e maiores de 65 anos.