«Xulia -resaltou en relación do artigo de Diego Giráldez- parece unha heroina e a través da su historia fixechenos reflexionar sobre o que importa, ese factor humano, sobre todo, no mundo dos sanitarios que hoxe en día estamos tan pendente deles e que tanto nos axudan». En canto ao de Miriam Ferradáns destacou: «A túa escrita é poesía fagas o que fagas e esa columna é poesía pura. O xeito que tiveches de conectar as túas preocupacións como ser humano a través da ensinanza e de aprender das inxustizas que hoxe en día, aínda que o artigo é do 2019, vemos esa brecha moito máis grande que antes».
«A min xa me facía ilusión ser simplemente finalista», confesou, ao tempo que evocou aos meses de pandemia do coronavirus. «Resulta complexo sentirse feliz sen sentirse culpable nun momento coma este. Hai outra xente á que a musica lle sacou da tristura durante estes meses, para min foi a literatura, especialmente a literatura galega. Foi o que me mantivo san. Poder lervos a todos, poder escribir e poder centrarme un pouquiño máis nesa parte da miña carreira que é a escrita, que me enche moitísimo».