A pandemia do coronavirus atopa o seu oco na última xornada da feira da cultura


Pontevedra / La Voz

A Culturgal bota hoxe o telón da súa edición número trece e o fai cun completo abano de actividades culturais.

Así, no Espazo Foro, entre outras citas, a Xunta de Galicia presentará a programación da Cidade da Cultura, mentres que o Concello de Pontevedra amosará un avance do que vai ser o vindeiro Salón do Libro, mentres que o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 traerá o espectáculo Ópera Break's.

O grupo Os d'Abaixo serán os encargados de pechar o Espazo Escena, un ámbito no que tamén se poderá gozar cos concertos de Yago Vázquez Trío ou o que ofrecerán Richi Casás e Fran G. Galán.

No Espazo Libro, ademais de presentacións no ámbito da banda deseñada, a pandemia terá o seu espazo específico, así como se espera a presenza de Suso de Toro, Manuel Esteban ou Lorena Conde.

Por último, catro producións audiovisuais clausurarán o Espazo Cinema: Pontevedra, cuna de Colón... Coa súa cor!, Karelu, Longa noite e A media voz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A pandemia do coronavirus atopa o seu oco na última xornada da feira da cultura