A Rede Galega de Música retoma a súa actividade

La Voz

PONTEVEDRA

05 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de meses de silencio obrigado pola pandemia do coronavirus, os concertos da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola Xunta, regresaron este fin de semana. A programación prevista estará centrada en vinte salas de catorce localizacións, entre as que se atopan o Aturuxo de Bueu e no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, que este fin de semana xa tiña programadas as actuacións de The Lákazans, onte, e Pablo Lesuit, na xornada de hoxe.

En total, hai programadas 250 actuacións de moi diferentes estilos ata final de ano, unha cifra que supón un incremento dun 22,6 % na súa carteleira anual. Iso si, nesta ocasión boa parte destas actuacións concéntranse principalmente no segundo semestre tras a reprogramación das citas adiadas pola declaración do estado de alarma.

Por outro lado, continuase apostando pola variedade de estilos, que van do rock e pop ao jazz, pasando pola canción de autor, o folk, o punk ou mesmo o flamenco.