A relación do home coa auga, nunha mostra fotográfica

PONTEVEDRA

CEDIDA

04 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 30 de xullo • De martes a domingo, de 18.30 a 20.30 horas • Reserva previa obrigatoria • De balde • O Auditorio Municipal de Caldas acolle a exposición fotográfica Auga. O sangue da terra, de Manuel Valcárcel, iniciativa na que colaboran o Concello, Abanca e Afundación.

A exposición forma parte do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. No caso concreto de Auga. O sangue da terra busca mostrar «a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas».

Deste xeito, a cámara de Valcárcel recorre a relación do ser humano coa auga amosando imaxes dos cinco continentes. Dende lugares remotos, como poden ser Nova Celandia, India, China, Níxer ou o deserto de Atacama a outros máis próximos, caso da conca do lucense río Lor.