Derradeiras entradas para Xabier Díaz e Guadi Galego

PONTEVEDRA

CEDIDA

04 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20 horas • Recinto Feira de Pontevedra • Co aforo limitado e mantendo as medidas sanitarias por mor da pandemia do coronavirus, Pontevedreda será escenario esta noitiña do primeiro dos grandes concertos dos verán. Sobre o escenario do Recinto Feira, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Guadi Galego. As previsións que mantiña a organización apuntaban a que, entre este venres e o mesmo sábado, colgaríase o cartel de non hai entradas.

Na presentación deste concerto, a concelleira Carmen Fouces destacou o feito de que a programación cultural de Pontevedra «é sinal de identidade dunha cidade na que se traballa a reo para traer o máis representativo do sector cultural e onde a acollida por parte do público adoita ser espectacular. Queremos recuperar esa forma de traballar, ese pulso, por suposto sen descoidar as medidas de seguridade e adaptándonos aos requerimentos das autoridades sanitarias».