O coronavirus tamén lle debe unha a ao gran gaiteiro de Viascón

María Hermida
María Hermida PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Unha imaxe da homenaxe que o verán pasado se lle fixo a Ricardo Portela
Unha imaxe da homenaxe que o verán pasado se lle fixo a Ricardo Portela Concello de Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade apraza ao 2021 o Ano Ricardo Portela, no que se ía nombrar fillo predilecto a un dos precursores da música galega

01 jul 2020 . Actualizado a las 13:40 h.

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade anunciou hoxe que o Ano Ricardo Portela, unha serie de actividades previstas para homenaxear ao famoso gaiteiro local no centenario do seu nacemento, aprázase ata o 2021. Lóxicamente, é a pandemia a que está detrás desta decisión que toma o citado Concello pontevedrés. 

«Queremos que a merecida gran homenaxe ao gaiteiro de Viascón, sen dúbida un dos principais referentes da música tradicional galega e un orgullo para o noso Concello, loza nas mellores condicións e chegue, na medida do posible, a toda Galicia, e non o vemos viable coa actual situación sanitaria. Ricardo Portela merécese o mellor polo seu centenario e imos darllo con toda a nosa humildade e sinxelexa, pero como máximo agariño e esforzo», sinalou o mandatario Jorge Cubela. 

Esta previsto, entre outras moitas actividades da man das asociacións culturais e veciñais, nomear fillo predilecto a Ricardo Portela, un acto que agora que se adía ata o 2021. Ricardo Portela, tal e como lembra o Concello, foi un gaiteiro excepcional e está considerado tanto un mestre do toque pechado como un dos precursores da música galega. Cada verán, réndeselle homenaxe en Cotobade, pero, de non ser polo coronavirus, o 2020 sería un aniversario moi especial.