As roqueiras galegas alzan a voz: «Conciénciate xa!»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

MGK

O proxecto MGK Mulleres Galegas Kañeras difunde un videoclip para recordar que, «aínda que o confinamento xa non existe, si que ten que prevalecer o sentido común sobre todo o demais»

06 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai seis anos, Patty Castro, vocalista e impulsora do proxecto MGK Mulleres Galegas Kañeras, «cansa de non atopar nin instrumentistas, nin moitas mulleres afíns ao meus gustos ao meu redor», fixo un chamamento a través de Facebook para montar un tema e o seu correspondente videoclip. Trinta artistas responderon e Patty as coordinou para sacar adiante dúas cancións e outros tantos vídeos, así como para «sacar fondos para gravar todo isto e facer un documental do proceso».

Xa na actualidade, e coincidindo coa pandemia do coronavirus, comezou a entrevistar a músicas nunha radio web -www.axentedeteo.gal/radio- en colaboración con Iván Tourís. «Comecei polas máis extremas, deathmetal, brutal, heavy... e agora 55 programas despois xa ando polas roqueiras», explica, ao tempo que engade que o programa permitiulle estar moi en contacto cas MGK primeiras.

Foi no chat que manteñen que Sara Blackcat «comentou que estaría ben facer un contema, ou sexa facer un tema en confinamento, as demais pareceulles ben e ai xermolou a idea».

Retomaron a base gravada hai seis anos e, aínda que inicialmente pensaron centrar o tema na corentena, «o tempo pasaba e o confinamento tamén, así que decidinme a facer eu unha sobre a desescalada». Pediulles ás súas colegas que lle pasaran os «os vídeos por móbil e paseilles un tutorial caseiro, así como a letra e unha gravación caseira de guía sobre o tema instrumental».

MGK

Nesta ocasión, Patty tuvo ocasión de contar con, ademáis das primeiras MGK, Katy Katita e Nicole Magariños «que non puideran gravar hai seis anos», pero que si o pudieron facer desta volta. Tamén colaboran Laura Romero, «a miña amiga e creadora de MGI», e Paula (Paulis Gilton), que «me esta a axudar con outro proxecto que leva máis dun ano de vida, unha base de datos so de mulleres músicas galegas».

Deste xeito, a nómina de artistas que se sumaron ao proxecto inclue, ademáis de a Patty Castro, a Alba Moledo, saxo en Liska; Ariadna Brandón Muiño, actriz, vocalista e productora audiovisual; Antía Migueroa, guitarra, vocalista e monitora; Belize Martínez, vocalista e instrumentista; Erika Domínguez García, vocalista; Haras Abuín Rodríguez, guitarra en Galiryon; Laura Romero, ilustradora, creadora de Músicas Galegas Ilustradas (MGI) e baixista de Zenzar; Lucía Chaulet, baixista, guitarra e baterista de Lápidas y Calaveras; Lucía da Fonte, vocalista de Ith Xanceda Mesía; Luna Khaleesy Undómiel, vocalista; Mon Latem, vocalista e instrumentista; Mayte Cha Lois Antelo, vocalista de La Banda del Camión e La Banda de los Denunciados; Nieves Ch., baterista e vocalista; Paulis Ghilton, traballadora cultural; Sarah Blackcat, vocalista, guitarra, teclista e baterista; Thais Suki, vocalista e instrumentista; e Virgi Rose, baixista. 

MGK

Tras algúns contratempos e de loitar co editor, xurdiu Conciénciate xa!, un traballo que naceu «coa pretensión de facer algo en común e recordarnos a todos que, aínda que o confinamento xa non existe, si que ten que prevalecer o sentido común sobre todo o demais. Pois este virus chegou para quedarse e temos que concienciarnos en que vai ser así», conclúe Patty Castro.

O resultado final do proxecto de Mulleres Kañeiras Galegas pode contemplarse no portal de Youtube.com