Un escaparate virtual da obra de Carvalho Calero

PONTEVEDRA

17 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A situación de excepcionalidade xerada pola pandemia do coronavirus xerou que este domingo as celebracións do Día das Letras Galegas se trasladen á rede de redes. Así, no caso do Concello de Pontevedra, sacáronse «seis unidades didácticas e un xogo interactivo ao redor da figura e da obra de Ricardo Carvalho Calero», ademais de que se mercaron libros por importe de cerca de vinte mil euros nas librarías da cidade.

Pola súa banda, dende Poio difundiranse «audios, imaxes e perfís biográficos que axudarán a entender a dimensión da figura de Carvalho Calero», mentres que Marín renderá homenaxe aos gañadores de todas as edicións do Premio de Narración Curta e Poesía.