Unha Festa do Maios telemática

La Voz

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

01 may 2020 . Actualizado a las 11:11 h.

Nin o Concello de Pontevedra, nin o de Poio renuncian a celebrar este ano a Festa dos Maios. E si por culpa do coronavirus a xente ten que estar pechada nas súas casas, pois aproveitanse as posibilidades das novas tecnoloxías en materia telemática.

Deste xeito, no caso de Pontevedra, o Concello acadou a colaboración de varias entidades e persoas a título individual para configurar este Maio Dixital, o cal arrancarás ás 11 da mañá como é o habitual nesta data coa Benvida ao Maio a cargo do xornalista Ramón Rozas. Non faltarán á súa cita as tradicionais coplas, pero, ademais, completarase a xornada con información sobre como se fai un maio e agardase a participación de todos os cativos. O goberno local resaltou que «toda a documentación residirá na páxina web municipal pontevedra.gal e tamén comezará a colgarse nas redes sociais municipais».

Pola súa banda, en Poio, o perfil de Facebook Poio Cultura «servirá de canle para ofrecer á veciñanza (...) información e material gráfico e audiovisual relacionado con esta emblemática cita», sendo hoxe o punto culminante. Nesta iniciativa que busca a complicidade dos veciños participan oito colectivos e maios.