«Ben veñas, maio» convoca novos certames creativos

La Voz

PONTEVEDRA

13 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellalía de Normalización Lingüística presentou onte unha nova edición dos certames «Ben veñas, maio» pensados para impulsar a creatividade dos xóvenes en lingua galega desde distintos campos de expresión como a narrativa, a fotografía desde unha ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de cortometraxes. Estos certames teñen como obxetivo conseguir unha maior utilización do idioma galego por parte das xeneracións máis xóvenes incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social e cutural da lingua galega.

A actividade que nesta edición conta como coordinador ao profesor Xosé Luís Xaneiro, coordinador do equipo de Normalización Lingüística do IES Sánchez Cantón, está pensada para xóvenes estudiantes nos centros públicos de ensino secundario obligatorio, ciclos formativos e bacharelato.