O Salón do Libro levanta o telón co espectáculo «Un sorriso de conto»

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

06 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 6 • 18 horas • Pazo da Cultura • O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil levanta hoxe o telón e faino cun espectáculo musical «Un sorriso de conto», baixo a dirección de Marcelo Dobode. Será a primeira de máis de 300 actividades que se levarán a cabo ata o 28 de marzo e que abranguen a todos os públicos, dende os escolares, aos familiares, pasando por espectáculos teatrais para adultos ou os de bebés que multiplican os seus pases. «A música será un dos puntos fortes desta edición, desde o espectáculo inicial ata a clausura de man de Rock Lab, pasando por un musical en galego, a primeira adaptación nesta lingua de Os Miserables que en vez de Broadway vén de Bueu, do instituto Illa de Ons», explicaba a edil de Cultura Carmen Fouces, que tamén dixo que tratándose de humor e música tamén convidaron a De Vacas, na súa Tour Vacanal 2020.

A xornada do sábado comenzará ás 11.30 horas cunha visita guiada a cargo de monitores do Salón e que se desenvolverá de xeito paralelo a obradoiros tecnolóxicos, gastronómicos e de contacontas.

Na programación italiana o Salón contará coa presenza do italiano afincado en España Simone Negrin, que achegará a variedade contística e teatral do sur de Italia tanto ás familias como ás escolas. Haberá unha especial mención a Gianni Rodari, escritor e pedagogo italiano que revolucionou a maneira de entender os contos e a literatura infantil, que neste ano celebra o centenario do seu nacemento. O Salón acollerá a Pinocho nun musical e en talleres de plástica e actividades tamén arredor da obra de Adela Turín ou Italo Calvino. As familias italianas que viven en Pontevedra que a través da asociación Mater Lingua farán contacontos e distintas propostas.